• Memorias dunha nena da Guerra, de Charo Álvarez Álvarez



    Amosámosvos hoxe unha das máis recentes novidades de Finis Terrae Ediciones, unha editorial que publica obras que, de non existir, endexamais verían a luz. Trátase de "Josefa Álvarez Quiroga. Memorias dunha nena da Guerra", de Charo Álvarez Álvarez.

    O libro que nos ocupa é a historia dunha nena, Josefa Álvarez Quiroga, sobre a persecución, tortura e odio que viviu ela e a súa familia durante a Guerra Civil por ser republicanos. Aos seus 95 anos, cunha mente esperta, aspecto cálido, ollos vivos, un corpo sorprendentemente áxil e un amor incondicional pola súa familia, non quere abandonar este mundo sen deixar constancia da súa ser, a súa experiencia vital, a súa biografía, inserida no difícil contexto da Guerra Civil, un conflito que describe coa súa mirada de nena, da moza que se fixo muller a golpe de traballo sen descanso. O seu desterro a Lodosa (Navarra), que a apartou da súa familia, foi un dos momentos máis amargos da súa vida. A súa pretensión é deixar este legado para que nunca máis volva repetirse o horror dunha guerra.

    Un título imprescindible!







    0 comentarios → Memorias dunha nena da Guerra, de Charo Álvarez Álvarez

    Publicar un comentario