• Galicia inmaterial, Galicia máxica



    A novidade de hoxe é o libro "Galicia inmaterial, Galica máxicia", de José Luis Casteleiro Santos e Miguel García Seoane, ilustrado por Carlos Sardiña e editado por Hércules de Ediciones.

    Galicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural, do cal forman parte abundantes elementos inmateriais: mitos, lendas, costumes ancestrais, festas (con grande importancia do elemento gastronómico), tradicións, supersticións, etc.

    Con esta obra preténdese realizar un estudo -destinado ao público en xeral- do folclore galego na súa vertente máxico-relixiosa, mediante unha visión panorámica e un compendio universal dalgúns dos elementos máis sobranceiros desta parte tan importante da cultura galega. Búscase contribuír á súa difusión e divulgación co obxectivo de poñela en valor; dunha banda, para concienciar da súa salvagarda e evitar o seu esquecemento e, doutra, pola súa importancia como patrimonio inmaterial e o seu potencial como produto cultural e turístico.

    Un título impresncindible para coñecer a Galicia máis mística!



    0 comentarios → Galicia inmaterial, Galicia máxica

    Publicar un comentario