• Velaquí a máis recente novidade da editorial Carena "La marea roja", de José Manuel del Río, unha novela sobre o narcotráfico en Galicia.

    En xullo do 2000, unha gran marea vermella propágase polas rías de A Coruña. Nesas mesmas datas, Daniel Piñeiro, antigo piloto de planeadoras do clan hexemónico do narcotráfico en Galicia, sae do cárcere da cidade despois de oito anos que enterraron o seu imperio. Non queda nada del cando loita pola súa única ambición ao voltar ás rúas: unha vida normal. Pero o que está aí fóra non esquece ao mito, a Dani Gasolina. Unha familia rota, unhas amizades consumidas, unh apaixón borrada e un mafioso que o reclama como fillo propio. Todos perdidos nun labirinto onde, ao final de tantos camiños de sangue, hai un segredo dende 1992.

    Xa o di don Abel, o capo da cocaína: "O pasado é incerto".

    "Lembroume ás mellores novelas de Irvine Welsh, á sensibilidade dos personaxes de David Trueba e ao escenario sociolóxico de fondo do mesmísimo Richard Price. Valla a monstruosa comparación para sinalar ao lector cara onde se encamiña: unha delicia que se suma, dende xa, á explotación cultural do galego", Nacho Carretero, autor e "Fariña".

    "La marea roja fala de covardes e valentes, de vítimas e verdugos, pero, sobre todo, da dor e do heroísmo daqueles que foron abandonados na cuneta do esquecemento. Hai novos autores interesantes e despois, más alá, está José Manuel del Río, o meu descubrimento literario do ano", Baltasar Garzón.

    Unha novela que non debemos perder!






  • Amosámosvos hoxe unha das máis recentes novidades de Finis Terrae Ediciones, unha editorial que publica obras que, de non existir, endexamais verían a luz. Trátase de "Josefa Álvarez Quiroga. Memorias dunha nena da Guerra", de Charo Álvarez Álvarez.

    O libro que nos ocupa é a historia dunha nena, Josefa Álvarez Quiroga, sobre a persecución, tortura e odio que viviu ela e a súa familia durante a Guerra Civil por ser republicanos. Aos seus 95 anos, cunha mente esperta, aspecto cálido, ollos vivos, un corpo sorprendentemente áxil e un amor incondicional pola súa familia, non quere abandonar este mundo sen deixar constancia da súa ser, a súa experiencia vital, a súa biografía, inserida no difícil contexto da Guerra Civil, un conflito que describe coa súa mirada de nena, da moza que se fixo muller a golpe de traballo sen descanso. O seu desterro a Lodosa (Navarra), que a apartou da súa familia, foi un dos momentos máis amargos da súa vida. A súa pretensión é deixar este legado para que nunca máis volva repetirse o horror dunha guerra.

    Un título imprescindible!









  • A novidade de hoxe é o libro "Galicia inmaterial, Galica máxicia", de José Luis Casteleiro Santos e Miguel García Seoane, ilustrado por Carlos Sardiña e editado por Hércules de Ediciones.

    Galicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural, do cal forman parte abundantes elementos inmateriais: mitos, lendas, costumes ancestrais, festas (con grande importancia do elemento gastronómico), tradicións, supersticións, etc.

    Con esta obra preténdese realizar un estudo -destinado ao público en xeral- do folclore galego na súa vertente máxico-relixiosa, mediante unha visión panorámica e un compendio universal dalgúns dos elementos máis sobranceiros desta parte tan importante da cultura galega. Búscase contribuír á súa difusión e divulgación co obxectivo de poñela en valor; dunha banda, para concienciar da súa salvagarda e evitar o seu esquecemento e, doutra, pola súa importancia como patrimonio inmaterial e o seu potencial como produto cultural e turístico.

    Un título impresncindible para coñecer a Galicia máis mística!





  • Velaquí a nova proposta de Emilio Araúxo, autor ourensano afincado en Lalín: "Mal mor", editado por Axóuxere.

    "Ser é ser percibido", escribía o filósofo George Berkeley no século XVIII. Atraído por esa idea, Samuel Beckett poríaa en xogo na obra Mal vu mal dit (1981). Nela narrábase a tensión vital dunha anciá irlandesa e medio cega. "Desde o seu leito, ve erguerse Venus. Aínda. Desde a súa cama, cando o ceo está claro, ve erguerse Venus e despois o Sol. Aínda", cóntanos o comezo da obra. A difusa imbricación entre o dito e o percibido, entre o que se describe e o que se imaxina, ou tamén entre palabra e relato está habilidosamente armada no dispositivo beckettiano.

    Emilio Araúxo, con Mal mor, revisita a obra do escritor francófono, inseríndose no mesmo lugar de cruce entre linguaxe e representación, entre percepción e narración, relatándonos as duras xornadas dunha vella do rural. Nelas asemella anticipársenos un final, un intre derradeiro, culminante, ao tempo que a forza desas palabras aínda frean a súa consumación: "Aquí. Aquí onte non poder. Non poder moito. Non poder. Algo. Algunha cousa. De que está descansada aínda a vai facendo. Saír da casa". Cunha escritura depurada e esencial, o autor lalinense dálle voz a quen desde o seu persistir prolonga a melodía dunha vida que se achega ao apoxeo mais que teimuda e constante, chea de dores e lembranzas, agarda no firme paso que chanta a existencia á terra, coma os nosos avós, coma as labregas e os labregos que resistindo o inevitable din o acontecemento do seu lugar nun mundo que non se esgota. Pois están aquí aínda. Aquí, Mentres a lúa observa.

    Un título do máis interesante que non debedes deixar de ler!






  • Traémosvos hoxe unha das más recentes publicacións da editorial Xerais: "O trapecista da malla de rombos", de Alberto Canal.

    Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos. Mais todo se volve na súa contra. Cando coñece a nación de Benposta, o país utópico onde reside a escola do circo e os  nenos son quen gobernan, atópase con xente estraña que quere destruír o soño que axudaron a erguer cativos de diferentes partes do mundo. O neno Iupanki, aguilloado polo amor que comeza a sentir pola contorsionista Nuna, decide entón embarcarse na aventura de salvar o circo das gadoupas dos poderosos para asegurar que os artistas da malla de rombos poidan seguir levando a maxia do circo a todos os recunchos do planeta.

    Baixo a mirada inocente e soñadora dun neno, "O trapecista da malla de rombos" rende homenaxe á utopía que se fixo realidade en Benposta, a cidade dos rapaces. Un proxecto nacido do compromiso e a ilusión que pasou a formar parte da memoria colectiva de varias xeracións.

    Unha novela marabillosa!






  • Velaquí unha das máis recentes novidades da editorial Tecnos: "El itinerario intelectual de Nietxsche".

    O obxectivo deste libro é facer ver as liñas de forza que dan unidade e sentido á evolución do pensamento de Nietzsche a través da enorme cantidade e heteroxeneidade dos seus apuntamentos, proxectos, materiais e obras publicadas.

    Cales son as relacións internas, os elementos de continuidade e as inflexións e transformacións mediante as que todo este complexo de inquietudes e de ideas vaise estructurando e evolucionando? Ensaiar a resposta a esta pregunta contribuiría a disolver equívocos e simplificacións tan reiteradas como absurdas, tales como, por exemplo, a de dar por obvio que a filosofía de Nietzsche comeza propiamente con O nacemento da traxedia porque na súa produción anterior  a esta obra só habería pura práctica filolóxica. Ou que, a partir de O nacemento da traxedia e, máis en concreto, tra-lo abandono da súa cátedra, Nietzsche perde o interese pola filoloxía ao tempo que renega da súa etapa schopenhaueriano-wagneriana, construíndo a partir de todo elo un pensamento crítico-xenealóxico sen apenas relación esencial cos seus escritos de xuventude.

    O que este libro trata de desenvolver é unha hipótese de organización para toda a complexidade do itinerario intelectual de Nietzsche, de xeito que o lector poida ter unha panorámica coherente do seu itinerario intelectual necesaria para orientarse no asistematismo que lle é caracterísitico.

    Un libro indispensable para tod@s @s seguidor@s da obra de Nietzsche!






  • Que pasa se collemos por un lado a saga de libros (e serie) "Canción de Hielo y Fuego", iniciada por "Juego de Tronos", e por outro a Filosofía? Pois que dá como resultado un libro como "Juego de Tronos y la Filosofía", que forma parte da mesma colección que "Los Simpson y la Filosofía" e "Star Wars y la Filosofía".

    En Poniente e máis alá do mar Angosto, o mundo de George R.R. Martin está cheo de personaxes complexos en conflicto con eles mesmos e en loita con outros, dubidando de si mesmos, abocados ao risco moral, ao engano, á incerteza, á arrogancia e á axitación social e política.

    Mentres os Sete Reinos están en guerra, máis alá do Muro, os horrores do inverno achéganse. Moi lonxe, unha xove raíña loita co seu destino mentres viaxa para recuperar o seu fogar. Todo isto é sabido, pero este libro baséase nas obras de Maquiavelo, Hobbes, Descartes, san Agustín, Platón, Aristóteles e moitos outros grandes filósofos para analizar os personaxes e argumentos clave da que se considerou a gran epopea do noso tempo, mentres explora temas como a guerra, o honor, o coñecemento, a moral, o poder, a teoría de xénero, e nos revela as verdades sobre o ser humano dun xeito tan poderoso como sorprendente.

    Se es amante da Filosofía e de Juego de Tronos, non podes perder este libro que os mistura para obter unha obra fascinante!