• Estación Invierno, de Ana Cristina Herreros e Aitana Carrasco



    Traémosvos hoxe a máis recente novidade da editorial Libros de las Malas Compañías: "Estación Invierno", escrito por Ana Cristina Herreros e ilustrado por Aitana Carrasco.

    Doce mitos, lendas, contos e historias invernais compoñen este libro,  fermosamente ilustrado.

    Mitos que explican as estacións; unha lenda dun inmenso home de neve; contos dun inesperado regalo de Reis, dunha xoven fermosa como a neve, dunha anciá que proba unha suculenta sopa; historias que contan de onde veñen as laranxas, que celebramos en Nadal, por que decoramos as nosas casas con abetos, o quen chega a noite do 24 de Decembro.

    Un libro moi especial publicado por unha editorial que coida as edicións ata o máis mínimo detalle.



    0 comentarios → Estación Invierno, de Ana Cristina Herreros e Aitana Carrasco

    Publicar un comentario