• Na cidade do perdón, de Manuel Martínez Pérez



    Velaquí unha das máis recentes novidades da editorial Bolanda: "Na cidade do perdón", de Manuel Martínez Pérez, ilustrado por Olaya Naveira.

    Se os mitos, lendas, intrigas e lerias forman parte consubstancial da historia de calquera poboación, en Santiago de Compostela son case a propia historia. Desde a súa orixe, ligada á fascinante lenda do Apóstolo Santiago, ata os nosos días, centenares de mitos e personaxes foron conformando esta milenaria cidade. Historias románticas, como a das Marías; tráxicas, como a do casino ou a do crime da rúa da Balconada; pícaras, como as da tuna, ou épicas, como as das "traballadoras" do Pombal tras o acciente do Iberia Club de Fútbol. E personaxes non menos líricos, como as propias Marías, o mestre Bretón, o holandés errante, as prostitutas Toñita e Blanquita ou Manuel Vales, o eterno estudante de Medicina que acabou a carreira xusto na idade de xubilación. Sobre estes nomes e feitos, que teñen un substrato real, o autor fabula historias sensacionais que nos permitirán, sen perder o sorriso, coñecer, aínda mellor, esta sorprendente cidade.

    Un título imprescindible para coñecer en profundidade a nosa capital!




    0 comentarios → Na cidade do perdón, de Manuel Martínez Pérez

    Publicar un comentario