• Love story a la iraní, de Jane Deuxard e Deloupy



    Remata agosto e as editoriais retoman a publicación de novidades. É a quenda de Norma Editorial e a BD, cun cómic moi especial: "Love Story a la iraní", con guión de Jane Deuxard e debuxo e cor de Deloupy.

    Como relacionarse nunha cidade que non o permite? Como ligar? Como atopar marido ou muller?

    Gila, Saeedeh, Omid, Leila e Vahid teñen menos de 30 anos. Veñen de distintos estratos sociais e habitan en Teherán, Ispahan, Bandar Abbas, Yazd, Mashad ou Shiraz. Estes mozos xa non tentan opoñerse a un réxime demasiado forte para eles, agora só teñen un obxectivo, un imperativo, unha obsesión: amarse. A pesar do réxime. A pesar da tradición.

    Jane Deuxard é un dúo de xornalistas premiados tanto no eido nacional como internacional que traballan con pseudónimo para poder continuar coa súa actividade como xornalistas en Irán e, sobre todo, para protexer ás súas fontes, aos iraníes que se atopan ao longo das súas viaxes. Xunto con Deloupy, apórtannos neste premiado ensaio gráfico testemuños de primeira man do que supón ser xoven e buscar o amor no Irán de Ahmadineyad e Rohani.

    Non perdas esta excepcional Bd, galardoada co Premio Franceinfo 2017!




    0 comentarios → Love story a la iraní, de Jane Deuxard e Deloupy

    Publicar un comentario