• Como ser muller, de Caitlin Moran



    Se na súa versión en castelán era Anagrama a encargada da súa edición, chega agora, en galego e da man de Rinoceronte Editora, "Como ser muller", de Caitlin Moran.

    Vivimos no mellor momento da Historia para ser muller. temos dereito ao voto e á pílula, e dende 1727 xa non nos mandan á fogueira por bruxas. Porén, aínda quedan moitas preguntas por responder: para que depiar as inguas? Deberíamos usar bótox? Ódiannos os homes en segredo? E por que todo o mundo pregunta cando vas ter un fillo?

    Moran aborda con intelixencia, sen tabús e cun gran sentido do humor cuestións do día a día na vida das mulleres, dende o seu punto de vista como feminista e filla dunha familia numerosa e proletaria.

    Un título imprescindible!





    0 comentarios → Como ser muller, de Caitlin Moran

    Publicar un comentario