• A paisaxe da nación, de Xesús Andrés López Piñeiro



    Velaquí "A paisaxe da nación. Ideoloxía en imaxes da pintura galega de 1912 a 1930", de Xesús Andrés López Piñeiro, editado pola Deputación da Coruña.

    Galiza, a primeiros do século XX, facía menos de 50 anos que vira nacer unha incipiente pintura, onde destacaban individualidades, nunca un grupo compacto. Estes artistas maioritariamente seguían a pintura aprendida en Madrid no tocante aos temas e á cor. Na pintura galega que nace en 1912 non se reflicte unha loita de clases porque o que acontece é a creación dunha estética ex nihilo, feita pola pequena burguesía galega, e que xa naqueles tempos, comeza a expoñela baixo o nome de arte galega. Dáse no Estado español un enfrontamento entre a periferia e o centro, que a arte tamén reflicte.

    Un título imprescindible para todo amante da pintura feita na nosa terra!



    0 comentarios → A paisaxe da nación, de Xesús Andrés López Piñeiro

    Publicar un comentario