• Unha ducia de galegos, de Víctor F. Freixanes



    Velaqui unha das novas publicacións da editorial Galaxia: a nova edición de "Unha ducia de galegos", de Víctor F. Freixanes.

    A primeira edición deste libro, en agosto de 1976, constituíu un extraordinario acontecemento editorial na Galicia daquel tempo: tres mil exemplares que se esgotaron en apenas tres meses. O su autor tiña daquela vinte e catro anos. Doce persoas da cultura e a lingua galega, doce persoeiros do galeguismo falaban cun xornalista mozo sobre o pasado recente, o presente e o futuro dun país que, logo de corenta anos de ditadura, iniciaba o camiño das liberdades e o autogoberno. Ordenadas cronoloxicamente, dende a memoria histórica de Ramón Otero Pedrayo ata a xeración inmediatamente anterior á do autor, representada por Carlos Casares, o libro apunta doce biografías, doce maneiras de entender o mundo e a realidade galega, voces diversas dun poliedro que, paseniñamente, entraba nos camiños da modernidade. Algunhas das conversas son pezas de referencia no xornalismo galego contemporáneo. Concibido coma un libro documento, recuperamos -corenta anos despois- doce anacos da memoria colectiva do noso país.

    Un título fundamental da cultura galega!




    0 comentarios → Unha ducia de galegos, de Víctor F. Freixanes

    Publicar un comentario