• Os Donos das Cinsas, de Beni Yáñez



    Na entrada de hoxe achegámosvos unha das máis recentes novidades de Urco Editora, e ademais gañadora do XVII Premio Vicente Risco de Creación Literaria: "Os donos das cinsas", de Beni Yáñez.

    - Isto é legal, non? Pois se é legal, é ético. Non hai máis volata!
    - Se é legal é ético? De verdade cres o que dis? Revisa algo de historia, mesmo de xeografía política: a de horrores que se fan no mundo en base a leis que son de todo menos éticas, morais ou humanitarias.
    - Estás moi equivocada. Quen pode dicir o que é ético e o que non  o é, senón a Lei? Ou deixamos todo ao arbitrio e ás prevaricacións que queira facer cada quen?

    Este non é un libro sobre corrupción. As eivas dun sistema que algúns disfrazan, moitos aproveitan e a maioría descoñece permiten  contratación de persoal funcionario a dedo, amañar oposicións, adxudicar obra pública a amizades ou pór e quitar xuíces afíns ao partido político no poder... mais sen cumplir lei ningunha. O mesmo que a fidelidade á parella, unha persoa só poderá declararse honrada nese momento: cando se presenta a oportunidade perfecta para non selo. E para o alcalde de Ronsaño, un home cercado por complexos propios e intereses alleos, decidir en diferentes momentos da súa vida non será sinxelo.

    "Os Donos das Cinsas" emprega a ficción para contar actualidade e a novela para facer xornalismo. A ética, a política, os novos momvementos, o caciquismo, a xustiza, as leis e as trampas legais mestúranse nunha historia de evolución humana e deriva familiar na que nunca hai nada "bo", senón "bo para algo".




    0 comentarios → Os Donos das Cinsas, de Beni Yáñez

    Publicar un comentario