• Kipps. Historia dunha alma simple, de H.G. Wells



    A novidade de hoxe vén da man das Irmás Cartoné. Trátase de "Kipps. Historia dunha alma simple", de H.G. Wells.

    Un anuncio nun xornal transforma por completo a vida de Arthur Kipps, aprendiz nun comercio de tecidos. A partir de entón, coñecerá a opulencia e o luxo, a ilusión e o amor, o compromiso e a traizón.

    Afastada das ficcións científicas que fixeron célebre a H.G. Wells e considerada polo propio autor como a favorita entre as súas creacións, "Kipps" é unha novela social de fortes reminiscencias autobiográficas cun protagonista en ocasións cómico e en ocasións tráxico que afronta obstáculos en apariencia insalvables no seu periplo polas distintas capas da sociedade inglesa de finais do século XIX.

    Que vou dicir sobre Kipps agás que estou disposto , que me vexo de todo obrigado a babexar con el? Non é tanto unha obra mestra como unha auténtica xema... Mergullácheste, non sei como, de cabeza nas misteriosas profundidades da observación e do coñecemento, non sei cales nin onde, e saíches con este perla redonda. Henry James, nunha carta ao autor.




    0 comentarios → Kipps. Historia dunha alma simple, de H.G. Wells

    Publicar un comentario