• El triunfo de la información, de César Hidalgo



    Velaquí un título moi especial, "El triunfo de la información", de César Hidalgo, editado por Debate, do que Paul Romer, economista xefe do Banco Mundial, dixo que todos os interesados no futuro da economía deberían lelo.

    En que consiste o crecemento económico? E por que, históricamente, só se dá en certos lugares? Os esforzos previos por respostar a estas cuestións centráronse nas institucións, a xeografía, as finanzas e a psicoloxía. Sen embargo, César Hidalgo, un xoven profesor do MIT, defende que para comprender de verdade a natureza a esencia do crecemento económico é necesario trascender as ciencias sociais e prestar máis atención á ciencia da información, as redes e a complexidade que ambas supoñen.

    Para Hidalgo, a clave reside en como a xente, as empresas e as edes procesan a información: todo se resume no coñecemento compartido, o knowhow e a imaxinación. As economía están feitas de redes de persoas e as sociedades funcionan como ordenadores colectivos.

    Cunha interpretación absolutamente orixinal da economía global, "El triunfo de la información" dá a volta a todos os supostos tradicionais acerca do desenvolvemento das economías e a orixe da riqueza, e dá un paso crucial para unha comprensión máis ampla e fascinante das ciencias económicas.




    0 comentarios → El triunfo de la información, de César Hidalgo

    Publicar un comentario