• A virxe das areas, de Antonio Manuel Fraga



    A novidade de hoxe é unha das máis recentes publicacións de Edicións Embora: "A virxe das areas", de Antonio Manuel Fraga.

    O misterio chega a Vilar de Sembra cando, preto da ermida da Nosa Señora das Areas, dúas veciñas encontran a Norma Lago, unha moza que levaba anos fóra da vila. Desorientada e vestida só  cun camisón branco, Norma camiña con tan poucos folgos que acaba por se esvaecer sobre os seixos da praia. O xubilado Paco Louro mergúllase no pasado da vila para tratar de clarexar o enigma que arrodea a aparición da rapaza.

    Antonio Manuel Fraga narra unha historia de intrigas, afectos e horror que prenderá o lecturado desde a primeira liña.

    Non quedes sen el!



    0 comentarios → A virxe das areas, de Antonio Manuel Fraga

    Publicar un comentario