• Siete historias lógicas y un cuento breve, de Salvador López Arnal



    Velaquí a máis recente novidade da editorial Bellaterra na súa colección adicada á Filosofía Política: "Siete historias lógicas y un cuento breve. En torno a la obra lógica y epistemológica de Manuel Sacristán Luzón", de Salvador López Arnal.

    O libro que nos ocupa contén oito aproximacións á obra lóxica e epistemolóxica de Manuel Sacristán Luzón (1925-1985) cuxa introdución á lóxica e ao análise formal foi, tal como sinalou Luis Vega Reñón, un libro esencial nos anos sesenta do pasado século para a consolidación dos estudos de lóxica e de filosofía da lóxica no noso país.

    Inclúense nestas historias, lóxicas e político-culturais, as cartas cruzadas entre Sacristán e algún dos grandes filósofos e lingüistas do noso país como Víctor Sánchez de Zavala, Juan David García Bacca, Miguel Sánchez-Mazas e Josep Ferrater Mora.

    Inclúense tamén senllos capítulos sobra a correspondencia con Ludovico Geymonat e Salvador Espriu e unha aproximación ao papel da lóxica na tese de Sacristán sobra a gnoseoloxía de Martin Heidegger, así como a presentación dun texto inédito interrompido do tradutor de Quine sobre a teoría do coñecemento e unha aproximación ao ocorrido nas oposicións á cátedra de lóxica da Universidade de Valencia de 1962.

    Un título inprescindible para calquera persoa interesada na filosofía política!




    0 comentarios → Siete historias lógicas y un cuento breve, de Salvador López Arnal

    Publicar un comentario