• O rapaz que nunca existiu, de Sjón



    Velaquí unha das noviddes que vén de publicar a editorial Rinoceronte, neste caso na Colección Nova: "O rapaz que nunca existiu", de Sigurjón Birgir Sigurosson "Sjón".

    Reykjavik, 1918. A erupción do volcán Katla cobre a cidade dun veo crepuscular. En Europa acaba de rematar a Gran Guerra, e a poboación dunha Islandia que acaba de obter a súa independencia observa con temor a chegada da gripe española.

    Neste momento de caos, o adolescente Máni Steinn enfróntase aos seus propios problemas: non é fácil ser homosexual nese momento e nese lugar. Porén, invádeo unha enorme enerxía cando descobre o cine, a emoción ofrecida pola imaxinación. E o desexo. E unha rapaza que percorre a cidade na súa motocicleta Indian.

    Por esta obra, Sjón recibiu o Premio de Literatura de Islandia en 2013.

    Un título pouco habitual dunha pequena editorial que nos ofrece un panorama moi distinto ao que nos teñen acostumados as grandes!







    0 comentarios → O rapaz que nunca existiu, de Sjón

    Publicar un comentario