• O monte galego, de varios autores



    Traémosvos hoxe unha novidade de Sermos Galiza: "O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?", escrito por Alberte Blanco Caal (coord.), Ana I. García Arias, Bernardo Valdês Paços, Xosé Carballido Presas e Tereixa Paz Blanco.

    Os indicadores sociais, económicos e demográficos que hoxe temos na Galiza rural non son consecuencia dunha fatalidade histórica. A orixe da situación actual de desarticulación do tecido agrario galego tería a súa orixe en políticas e decisións tomadas, varias décadas atrás, para propiciar man de obra barata con que industrializar outros territorios de estado e de Europa, ou para explotar as nosas materias primas, enerxía e recursos naturais. O deseño forestal que está producindo unha presenza esmagadora do eucalipto nos nosos montes, mesmo co impulso da súa presenza en terras agrarias, os aproveitamentos hidroeléctricos dos vales máis relevantes, a industrialización de enclaves sen pechar os ciclos produtivos, son algúns exemplos que teñen moito que ver coa realidade actual do noso país. Neste libro falamos desta situación, das políticas e estratexias que fixeron do monte galego ese lugar, en gran medida caótico e subdesenvolvido, espello do abandono e atraso do medio rural galego. Ademais, facemos repaso das políticas executadas durante o gobernogalego bipartito (2005-2009) e atrevémonos a enunciar algunhas medidas cara o futuro (Alberte Blanco Casal).

    Un  libro indispensable!



    0 comentarios → O monte galego, de varios autores

    Publicar un comentario