• Naranjas de sangre, de Verena Boos



    Velaquí unha novela de recente publicación na editorial Plataforma, na súa colección adicada á ficción: "Naranjas de sangre", escrito por Verena Boos.

    Para Maite, unha xoven española, estudar en Múnich significa sobre todo unha oportunidade para escapar da súa familia conservadora. Valencia, a súa terra antal, exportadora de laranxas de gran calidade, parécelle cada vez máis estraña e lonxana. Maite namórase de Carlos, un xoven de familia alemano-española, e traba amizade co seu avó Antonio. O vello emigrante fálalle de acontecementos que ela descoñecía por completo e cala sobre outros. Ata que un día a xoven lle lanza a pregunta que desencadea o drama: como era posible que o seu propio pai se puxera un uniforme alemán?

    Un debut literario brillante e unha narración intensamente conmovedora sobre o pasado franquista e a súa influencia no presente.

    Ides quedar sen ela?




    0 comentarios → Naranjas de sangre, de Verena Boos

    Publicar un comentario