• Nº atómico 74, de Raquel Castro Martínez



    Velaquí a máis recnte novidade da editorial veciña Fervenza: "Nº atómico 74!, escrito por Raquel Castro Martínez e ilustrado por Xosé Ceferino Castro.

    "Sete nenas tivo miña tataratataratataravoa, aló nos tempos en que non había ingleses, nin franceses, nin moito menos alemáns por estes lares e aquí só se comían castañas. Foi o oitavo un home, que naceu un 24 de decembro ás doce da noite e nada máis saír á vida matou a súa nai do susto cando, a malpocada, comprobou que acababa de parir un lobo. Dende aquela acompañounos o fado e así, xeración tras xeración, todos os varóns da familia Fontao somo homes lobo".

    Non perdas a oportunidade e faita co teu exemplar desta fantástica novela!




    0 comentarios → Nº atómico 74, de Raquel Castro Martínez

    Publicar un comentario