• Lecciones sobre la historia de la filosofía política, de John Rawls


    Velaquí  "Lecciones sobre la historia de la filosofía política", de John Rwals, editado por primeira vez en 2009 e que agora se presenta nunha nova edición.

    O obxectivo das leccións de Rawls era, segundo el mesmo escribiu, "distinguir os elementos fundamentais do liberalismo como expresión dunha concepción política da xustiza cando este é contemplado dende dentro da tradición do constitucionalismo democrático". Para elo, John Rawls examina nas súas "Lecciones sobre la historia de la filosofía política" as diversas correntes que configuran as tradicións liberal e democrática constitucional, así como as figuras históricas que mellor representan estas correntes.

    Marcadas pola paciencia e a curiosidade características de Rawls, e editadas escrupulosamente por Samuel Freeman, estudante e axudante docente seu, estas leccións constitúen unha digna adición final á súa obra e, en non menor medida, á historia da filosofía política.

    "A filosofía política non ten un papel desdeñable dentro da cultura seral de fondo, xa que constitúe unha fonte de principios e ideais políticos esenciais. Fortalece as raíces das actitudes e do pensamento democráticos", John Rawls.

    Un título indispensable!



    0 comentarios → Lecciones sobre la historia de la filosofía política, de John Rawls

    Publicar un comentario