• Filosofía viva, de Henryk Skolimowski



    Velaquí un título imprescindible no terreo da Filosofía: "Filosofía viva. La ecofilosofía como un árbol de la vida", escrito por Henryk Skolimowski e editado por Atalanta.

    A ecoloxía é unha cuestión política crucial da nosa época, declaran cada vez máis voces. Pero aínda que esta afirmación é certa e necesaria, quédase curta, dado que reduce o ecoloxismo a unha ideoloxía, e na actualidade precisamos algo máis que iso. Fainos falta asumila dende unha perspectiva que inclúa todos os aspectos da vida.

    A ecofilosofía pate do suposto de que a nosa cosmoloxía non só determina a nosa imaxe do universo físico, senón tamén o sentido das nosas accións. De aí que o restablecemento filosófico que se ten que levar a cabo no noso tempo non se deba limitar exclusivamente aos problemas medioambientais, porque vai máis alá de causas económicas e tecnolóxicas, e incluso morais. O núcleo da crise planetaria é unha consecuencia das limitacións da cosmoloxía mecanicista que nos rexe e do seu deficiente e restritivo modo de interpretar a natureza. Precisamos unha actitude reverente cara a natureza, como a que tiveron algunhas culturas do pasado, para comprender a realidade dun xeito máis integral. O ser humano é unha extensión da natureza. Por tanto, precisamos considerar os valores humanos como parte dun espectro máis amplo no que a natureza participe e co-defina a nosa relación coa vida.

    Este libro ofrece unha visión filosófica renovadora do mundo que abarca dende a cosmoloxía ata a conciencia, pois o pathos das sociedades modernas é, en definitiva, un problema de sentido.

    Se es apaixoad@ da Filosofía, non podes quedar sen el!






    0 comentarios → Filosofía viva, de Henryk Skolimowski

    Publicar un comentario