• En la era de la posverdad, de Jordi Ibáñez Fanés (ed.)



    Velaquí unha novidade peculiar: "En la era de la posverdad. 14 ensayos", editado por Jordi Ibáñez Fanés e publicado por Calambur.

    É a posverdade algo máis que unha palabra de moda? Seica é algo decisivo e que nos interpela cunha urxencia maior que as outras emerxencias da nosa época? É o síntoma dun mal máis profundo? Este volume recolle os ensaios, escritos para a ocasión, de escritores, filósofos, politólogos, historiadores e xornalistas enfrontados á cuestión da posverdade. As súas contribucións responden dende ángulos distintos e con enfoques diversos aos seus aspectos máis alarmantes e por suposto tamén a unha pregunta inevitable: Que hai de novo na posverdade que permita distinguila da mentira de sempre, da propaganda, da manipulación, das verdades a medias e das cortinas de humo? Ata que punto a posverdade non é o indicio máis revelador da propia crise da democracia? E en que medida non é ela un poderoso indicador  dos cambios no espazo público reconfigurado por Internet e as redes sociais?

    Un título do máis interesante e imprescindible!




    0 comentarios → En la era de la posverdad, de Jordi Ibáñez Fanés (ed.)

    Publicar un comentario