• El arte de Charlie Chan Hock Chye, de Sonny Liew



    Velaquí unha das BD's que máis recentemente chegou á nosa libraría: "El arte de Charlie Chan Hock Chye. Una historia de Singapur", de Sonny Liew, editado por Amok Ediciones e Dibbuks.

    Neste cómic, Sonny Liew reuniu unha chea de xéneros para crear unha obra realmente inxeniosa e cautivadora na que, en ocasións, a liña entre a realidade e a ficción pode chegar a desdebuxarse. Sen embargo, a historia narrada é sempre fascinante e convídanos a facer unha viaxe incriblemente conmovedora, divertido e inquedante a través da vida dun artista e da historia dunha nación.

    Sonny Liew é un artista do mundo do cómic, pintor e ilustrador, autor de obras como "The Shadow Hero", con Gene Luen Yang, éxito de vendas de The New York Times, "Creo en Frankie", con Mike Carey, "Malinky Robot", e dunha nova saga de cómics de "Doctor Fate", con Paul Levitz, entre outros.

    "Un traballo ambicioso, estilísticamente brillante... Unha delicia para os ollos", The New York Times.

    "Brillantemente creativo... Charlie é doce pero tamén  profundo, orgulloso, pero con carácter de ferro; con unha maxistral economía do detalle -unha cella arqueada por aquí, unha cabeza inclinada por alí- o señor Liew esboza un personaxe moi ben caracterizado", The Economist.

    "Un libro para coleccionistas... Poder ser lido e desfrutado en múltiples ángulos... O coñecemento da verdadeira historia é case incidental comparado co pracer que aporta a biografía deste personaxe de ficción", Los Angeles Review of Books.

    "Provocadoramente divertido, fermoso ata a desesperación, chispeante na súa provocación, El arte de Charlie Chan Hock Chye respira vida e intimidade reflexando a historia poliédrica de Malasia e Singapur. Sonny Liew realizou unha verdadeira obra mestra", Tash Aw, autor de "The Armony Silk Factory and Five Star Billionaire".



    0 comentarios → El arte de Charlie Chan Hock Chye, de Sonny Liew

    Publicar un comentario