• Da lectura e outras cousiñas, de Xosé Luna Sanmartín



    A entrada de hoxe vai adicada á máis recente novidade da editorial Embora, "Da lectura e outras cousiñas", do estradense Xosé Luna Sanmartín.

    Xosé Luna dá a coñecer un ramallete de artigos que publicou na prensa en diferentes datas e que foron galardoados co Premio Manuel Reimóndez Portela de xornalismo. Nestes traballos, eruditos, descritivos, poéticos, escritos con mestría e cunha gran dose de ironía, nunha prosa eficaz, fulgurante, precisa, abórdanse temas como os do libro e a lectura, viaxes, experiencias docentes, amor á vida e á natureza, cuestións internacionais e referentes que nos achegan da man do autor a personalidades como Avelina Valladares, Avelino Pousa, Paco Lareo, Valerón, Manoele de Felisa e outros.

    Un libro que nos achega todo o bo quefacer, a ampla bagaxe da escrita de Xosé Luna.

    A que estades agardando? Vide xa a polo voso exemplar!




    0 comentarios → Da lectura e outras cousiñas, de Xosé Luna Sanmartín

    Publicar un comentario