• A morte do meu pai, de Afonso Eiré



    Velaquí a máis recente novidade da editorial Hércules: "A morte do meu pai", de Afonso Eiré, autor de, entre outros títulos, "Galegos universais" ou "O piloto", na mesma editorial,

    Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai, ao mesmo tempo, universal ao vernos reflectidos nos episodios, nas reflexións, nas arelas e nas angustias, medo e dor, pero tamén esperanza, calma e resignación... E retranca. E anacos de historia persoal que transcenden e se converten en leccións de vida que nos explican o pasado (a proclamación da República, a Guerra Civil como soldado e as relacións humanas).

    Vida e morte mesturadas, collidas da man nun hospital.

    Literatura con maiúsculas, con emocións que se engolen ou atragoan e verbas que chegan ao corazón como brasas quentes e atrapan os nosos pensamentos como meigallos. Os seus efectos non esmorecen cando remata a súa lectura. Calquera sopro pode avivecer as palabras. "A morte do meu pai": un libro que as lectoras e lectores farán seu, como se fosen o narrador ou o protagonista.

    Non deixedes pasar a oportunidade de facervos co voso exemplar deste magnífico título!




    0 comentarios → A morte do meu pai, de Afonso Eiré

    Publicar un comentario