• Historia social da ligua galega, de Henrique Monteagudo



    Velaquí unha das máis recentes novidades da editorial Galaxia: "Historia social da lingua galega", de Henrique Monteagudo.

    Trátase dun estudo que pretende reconstruír as complexas relacións entre lingua e sociedade en Galicia a través do tempo. Fundamentado nun sólido marco conceptual e metodolóxico que cuestiona tópicos e doutrinarismos, este libro constitúe unha achega fundamental e enriquecedora ao coñecemento do noso pasado desde a perspectiva da Sociolingüística.

    A través das súas páxinas, pódese seguir a evolución da relación entre a sociedade galega e as linguas (nomeadamente, o galego, o latín e o castelán), contextualizada nas sucesivas coordenadas históricas e socio-culturais. Aténdese tanto o ámbito da comunicación -as funcións sociais das linguas- como as ideolóxicas e os imaxinarios colectivos -as representacións sociais- e a maneira en que se integran nas dinámicas de moldeamento das identidades sociais. Rica en información, que se presenta de xeito claro e conciso, esta obra ofrece perspectivas novidosas sobre a historia social do idioma galego e, por iso, desde a súa primeira edición en 1999, se tornou referencia obrigada para os estudosos e todas as persoas interesadas polo tema.

    Unha obra imprescindible!




    0 comentarios → Historia social da ligua galega, de Henrique Monteagudo

    Publicar un comentario