• Velaquí a máis recente novidade da editorial compostelá Irmás Cartoné: "Mocidade sen Deus", de Ödön con Horváth, unha novela que non deixará indiferente a ninguén.

    Un mestre de escola reprende a un alumno por un comentario racista nunha redacción só para recibir as ameazas do pai do rapaz e a reprobación do director do centro. Esta é a premisa da que parte a que foi a derradeira obra do escritor autríaco Ödön von Horváth -e que lle custaría o exilio-.

    Escrita en 1937 e prohibida polo réxime nazi en 1938, "Mocidade sen Deus" ofrécenos un relato, sutil e cru a un tempo, do imparable avance do pensamento totalitario no seu tempo, do paulatino embrutecemento dunha sociedade.

    En cada liña da súa prosa hai un inequívoco odio polo tipo de filisteísmo que levou os alemáns ao asasinato, que fixo posible o Terceiro Reich, Joseph Roth.

    Horváth (...) decatárase con extraordinaria agudeza de que xa non era posible responder ao terror da realidade cunha literatura de terror, que a realidade do fascismo era, de feito, tan incontible e catastrófica que ningún realismo, e en particular o naturalismo agónico do século XX, podía facerlle xustiza, Alfred Kazin.

    Ides perder de lela?






  • Coa campaña da volta ao cole chegando á súa fin, recuperamos tempo para adicarle á nosa web, na que vos amosamos algunhas das novidades que van chegando á nosa libraría. É a quenda de Rinoceronte Editora, que hai nada sacou ao mercado "Tras o rastro do Santo Cristo de Maracaibo", de John Satuffer Potter.

    Nos anos 50, un equipo de mergulladores norteamericanos exponse a unha serie de perigos e aventuras para recuperar o tesouro da Batalla de Rande.

    Este libro narra de xeito ameno o proxecto de rescate do tesouro e retrata os personaxes que o autor foi atopando na nosa terra naquela época.

    Un libro do máis interesante que non podedes deixar de ler!






  • Presentámosvos hoxe a novidade editorial máis recente de Seix Barral: "4 3 2 1", a última novela de Paul Auster.

    O único feito inmutable na vida de Ferguson é que naceu o 3 de Marzo de 1947 en Newark, Nova Jersey. A partir dese momento, varios camiños ábrense ante el e o levarán vivir catro vidas completamente distintas, a crer e a explorar de formas diferentes o amor, a amizade, a familia, a arte, a política e mesmo a morte, con algúns dos acontecementos que marcaron a segunda metade do século XX americano como telón de fondo.

    E se tiveras actuado doutro xeito nun momento crucial da túa vida? "4 3 2 1", a primeira novela de Paul Auster despois de sete anos, é un emotivo retrato de toda unha xeración, un coming of age universal e unha saga familiar que explora de xeito cegador os límites do azar e as consecuencias das nosas decisións. Prque todo suceso, por irrelevante que pareza, abre unhas posibilidades e pecha outras.

    Porque unha espera de sete anos foi longa abondo, ides seguir agardando ou ides vir á de xa a por este marabilloso título?





  • Remata agosto e as editoriais retoman a publicación de novidades. É a quenda de Norma Editorial e a BD, cun cómic moi especial: "Love Story a la iraní", con guión de Jane Deuxard e debuxo e cor de Deloupy.

    Como relacionarse nunha cidade que non o permite? Como ligar? Como atopar marido ou muller?

    Gila, Saeedeh, Omid, Leila e Vahid teñen menos de 30 anos. Veñen de distintos estratos sociais e habitan en Teherán, Ispahan, Bandar Abbas, Yazd, Mashad ou Shiraz. Estes mozos xa non tentan opoñerse a un réxime demasiado forte para eles, agora só teñen un obxectivo, un imperativo, unha obsesión: amarse. A pesar do réxime. A pesar da tradición.

    Jane Deuxard é un dúo de xornalistas premiados tanto no eido nacional como internacional que traballan con pseudónimo para poder continuar coa súa actividade como xornalistas en Irán e, sobre todo, para protexer ás súas fontes, aos iraníes que se atopan ao longo das súas viaxes. Xunto con Deloupy, apórtannos neste premiado ensaio gráfico testemuños de primeira man do que supón ser xoven e buscar o amor no Irán de Ahmadineyad e Rohani.

    Non perdas esta excepcional Bd, galardoada co Premio Franceinfo 2017!






  • Velaquí "A paisaxe da nación. Ideoloxía en imaxes da pintura galega de 1912 a 1930", de Xesús Andrés López Piñeiro, editado pola Deputación da Coruña.

    Galiza, a primeiros do século XX, facía menos de 50 anos que vira nacer unha incipiente pintura, onde destacaban individualidades, nunca un grupo compacto. Estes artistas maioritariamente seguían a pintura aprendida en Madrid no tocante aos temas e á cor. Na pintura galega que nace en 1912 non se reflicte unha loita de clases porque o que acontece é a creación dunha estética ex nihilo, feita pola pequena burguesía galega, e que xa naqueles tempos, comeza a expoñela baixo o nome de arte galega. Dáse no Estado español un enfrontamento entre a periferia e o centro, que a arte tamén reflicte.

    Un título imprescindible para todo amante da pintura feita na nosa terra!





  • Se na súa versión en castelán era Anagrama a encargada da súa edición, chega agora, en galego e da man de Rinoceronte Editora, "Como ser muller", de Caitlin Moran.

    Vivimos no mellor momento da Historia para ser muller. temos dereito ao voto e á pílula, e dende 1727 xa non nos mandan á fogueira por bruxas. Porén, aínda quedan moitas preguntas por responder: para que depiar as inguas? Deberíamos usar bótox? Ódiannos os homes en segredo? E por que todo o mundo pregunta cando vas ter un fillo?

    Moran aborda con intelixencia, sen tabús e cun gran sentido do humor cuestións do día a día na vida das mulleres, dende o seu punto de vista como feminista e filla dunha familia numerosa e proletaria.

    Un título imprescindible!







  • Velaquí unha das máis recentes novidades da editorial Bolanda: "Na cidade do perdón", de Manuel Martínez Pérez, ilustrado por Olaya Naveira.

    Se os mitos, lendas, intrigas e lerias forman parte consubstancial da historia de calquera poboación, en Santiago de Compostela son case a propia historia. Desde a súa orixe, ligada á fascinante lenda do Apóstolo Santiago, ata os nosos días, centenares de mitos e personaxes foron conformando esta milenaria cidade. Historias románticas, como a das Marías; tráxicas, como a do casino ou a do crime da rúa da Balconada; pícaras, como as da tuna, ou épicas, como as das "traballadoras" do Pombal tras o acciente do Iberia Club de Fútbol. E personaxes non menos líricos, como as propias Marías, o mestre Bretón, o holandés errante, as prostitutas Toñita e Blanquita ou Manuel Vales, o eterno estudante de Medicina que acabou a carreira xusto na idade de xubilación. Sobre estes nomes e feitos, que teñen un substrato real, o autor fabula historias sensacionais que nos permitirán, sen perder o sorriso, coñecer, aínda mellor, esta sorprendente cidade.

    Un título imprescindible para coñecer en profundidade a nosa capital!






  • A novidade de hoxe vén da man das Irmás Cartoné. Trátase de "Kipps. Historia dunha alma simple", de H.G. Wells.

    Un anuncio nun xornal transforma por completo a vida de Arthur Kipps, aprendiz nun comercio de tecidos. A partir de entón, coñecerá a opulencia e o luxo, a ilusión e o amor, o compromiso e a traizón.

    Afastada das ficcións científicas que fixeron célebre a H.G. Wells e considerada polo propio autor como a favorita entre as súas creacións, "Kipps" é unha novela social de fortes reminiscencias autobiográficas cun protagonista en ocasións cómico e en ocasións tráxico que afronta obstáculos en apariencia insalvables no seu periplo polas distintas capas da sociedade inglesa de finais do século XIX.

    Que vou dicir sobre Kipps agás que estou disposto , que me vexo de todo obrigado a babexar con el? Non é tanto unha obra mestra como unha auténtica xema... Mergullácheste, non sei como, de cabeza nas misteriosas profundidades da observación e do coñecemento, non sei cales nin onde, e saíches con este perla redonda. Henry James, nunha carta ao autor.






  • Velaqui unha das novas publicacións da editorial Galaxia: a nova edición de "Unha ducia de galegos", de Víctor F. Freixanes.

    A primeira edición deste libro, en agosto de 1976, constituíu un extraordinario acontecemento editorial na Galicia daquel tempo: tres mil exemplares que se esgotaron en apenas tres meses. O su autor tiña daquela vinte e catro anos. Doce persoas da cultura e a lingua galega, doce persoeiros do galeguismo falaban cun xornalista mozo sobre o pasado recente, o presente e o futuro dun país que, logo de corenta anos de ditadura, iniciaba o camiño das liberdades e o autogoberno. Ordenadas cronoloxicamente, dende a memoria histórica de Ramón Otero Pedrayo ata a xeración inmediatamente anterior á do autor, representada por Carlos Casares, o libro apunta doce biografías, doce maneiras de entender o mundo e a realidade galega, voces diversas dun poliedro que, paseniñamente, entraba nos camiños da modernidade. Algunhas das conversas son pezas de referencia no xornalismo galego contemporáneo. Concibido coma un libro documento, recuperamos -corenta anos despois- doce anacos da memoria colectiva do noso país.

    Un título fundamental da cultura galega!






  • Na entrada de hoxe achegámosvos unha das máis recentes novidades de Urco Editora, e ademais gañadora do XVII Premio Vicente Risco de Creación Literaria: "Os donos das cinsas", de Beni Yáñez.

    - Isto é legal, non? Pois se é legal, é ético. Non hai máis volata!
    - Se é legal é ético? De verdade cres o que dis? Revisa algo de historia, mesmo de xeografía política: a de horrores que se fan no mundo en base a leis que son de todo menos éticas, morais ou humanitarias.
    - Estás moi equivocada. Quen pode dicir o que é ético e o que non  o é, senón a Lei? Ou deixamos todo ao arbitrio e ás prevaricacións que queira facer cada quen?

    Este non é un libro sobre corrupción. As eivas dun sistema que algúns disfrazan, moitos aproveitan e a maioría descoñece permiten  contratación de persoal funcionario a dedo, amañar oposicións, adxudicar obra pública a amizades ou pór e quitar xuíces afíns ao partido político no poder... mais sen cumplir lei ningunha. O mesmo que a fidelidade á parella, unha persoa só poderá declararse honrada nese momento: cando se presenta a oportunidade perfecta para non selo. E para o alcalde de Ronsaño, un home cercado por complexos propios e intereses alleos, decidir en diferentes momentos da súa vida non será sinxelo.

    "Os Donos das Cinsas" emprega a ficción para contar actualidade e a novela para facer xornalismo. A ética, a política, os novos momvementos, o caciquismo, a xustiza, as leis e as trampas legais mestúranse nunha historia de evolución humana e deriva familiar na que nunca hai nada "bo", senón "bo para algo".






  • Velaquí un título moi especial, "El triunfo de la información", de César Hidalgo, editado por Debate, do que Paul Romer, economista xefe do Banco Mundial, dixo que todos os interesados no futuro da economía deberían lelo.

    En que consiste o crecemento económico? E por que, históricamente, só se dá en certos lugares? Os esforzos previos por respostar a estas cuestións centráronse nas institucións, a xeografía, as finanzas e a psicoloxía. Sen embargo, César Hidalgo, un xoven profesor do MIT, defende que para comprender de verdade a natureza a esencia do crecemento económico é necesario trascender as ciencias sociais e prestar máis atención á ciencia da información, as redes e a complexidade que ambas supoñen.

    Para Hidalgo, a clave reside en como a xente, as empresas e as edes procesan a información: todo se resume no coñecemento compartido, o knowhow e a imaxinación. As economía están feitas de redes de persoas e as sociedades funcionan como ordenadores colectivos.

    Cunha interpretación absolutamente orixinal da economía global, "El triunfo de la información" dá a volta a todos os supostos tradicionais acerca do desenvolvemento das economías e a orixe da riqueza, e dá un paso crucial para unha comprensión máis ampla e fascinante das ciencias económicas.






  • A novidade que vos presentamos hoxe é o novo libro de Pedro Feijoo, "Os fillos do lume. Edita Xerais.

    Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de tdos.

    Regresan os personaxes de "Os fillos do mar", a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.






  • Achegámosvos hoxe a máis recente publicación de Urco Editora, gañadora ademais do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica. Trátase de "Dormir com Lisboa", de Fausta Cardoso Pereira.

    Lisboa engole aqueles que a pisam. A calçada abre buracos para despois os fechar, como se nada tivesse acontecido. O desaparecimento inexplicável de cidadãos comuns em Lisboa é o ponto de partida para varias dimensões ficcionais entrançadas, como se cidade e texto fossem unha coisa só: um labirinto.

    Enquanto o desconforto e a desorientação instalam-se na capital e os personaxes procuram entender e resolver o problema dos desaparecimentos, Lisboa revela-se enquanto sistema vivo, com vontade pópria, impossível de controlar.

    "Dormir com Lisboa" é uma história que em vez de contar, pretende ouvir o que a cidade tem apra dizer. É um abraço a uma cidade velha num contxto económico que a transforma todos os días.

    Non quededes sen ela!






  • A novidade de hoxe é unha das máis recentes publicacións de Edicións Embora: "A virxe das areas", de Antonio Manuel Fraga.

    O misterio chega a Vilar de Sembra cando, preto da ermida da Nosa Señora das Areas, dúas veciñas encontran a Norma Lago, unha moza que levaba anos fóra da vila. Desorientada e vestida só  cun camisón branco, Norma camiña con tan poucos folgos que acaba por se esvaecer sobre os seixos da praia. O xubilado Paco Louro mergúllase no pasado da vila para tratar de clarexar o enigma que arrodea a aparición da rapaza.

    Antonio Manuel Fraga narra unha historia de intrigas, afectos e horror que prenderá o lecturado desde a primeira liña.

    Non quedes sen el!





  • Velaquí unha novidade peculiar: "En la era de la posverdad. 14 ensayos", editado por Jordi Ibáñez Fanés e publicado por Calambur.

    É a posverdade algo máis que unha palabra de moda? Seica é algo decisivo e que nos interpela cunha urxencia maior que as outras emerxencias da nosa época? É o síntoma dun mal máis profundo? Este volume recolle os ensaios, escritos para a ocasión, de escritores, filósofos, politólogos, historiadores e xornalistas enfrontados á cuestión da posverdade. As súas contribucións responden dende ángulos distintos e con enfoques diversos aos seus aspectos máis alarmantes e por suposto tamén a unha pregunta inevitable: Que hai de novo na posverdade que permita distinguila da mentira de sempre, da propaganda, da manipulación, das verdades a medias e das cortinas de humo? Ata que punto a posverdade non é o indicio máis revelador da propia crise da democracia? E en que medida non é ela un poderoso indicador  dos cambios no espazo público reconfigurado por Internet e as redes sociais?

    Un título do máis interesante e imprescindible!






  • Velaquí unha das noviddes que vén de publicar a editorial Rinoceronte, neste caso na Colección Nova: "O rapaz que nunca existiu", de Sigurjón Birgir Sigurosson "Sjón".

    Reykjavik, 1918. A erupción do volcán Katla cobre a cidade dun veo crepuscular. En Europa acaba de rematar a Gran Guerra, e a poboación dunha Islandia que acaba de obter a súa independencia observa con temor a chegada da gripe española.

    Neste momento de caos, o adolescente Máni Steinn enfróntase aos seus propios problemas: non é fácil ser homosexual nese momento e nese lugar. Porén, invádeo unha enorme enerxía cando descobre o cine, a emoción ofrecida pola imaxinación. E o desexo. E unha rapaza que percorre a cidade na súa motocicleta Indian.

    Por esta obra, Sjón recibiu o Premio de Literatura de Islandia en 2013.

    Un título pouco habitual dunha pequena editorial que nos ofrece un panorama moi distinto ao que nos teñen acostumados as grandes!









  • A entrada de hoxe vai adicada á máis recente novidade da editorial Embora, "Da lectura e outras cousiñas", do estradense Xosé Luna Sanmartín.

    Xosé Luna dá a coñecer un ramallete de artigos que publicou na prensa en diferentes datas e que foron galardoados co Premio Manuel Reimóndez Portela de xornalismo. Nestes traballos, eruditos, descritivos, poéticos, escritos con mestría e cunha gran dose de ironía, nunha prosa eficaz, fulgurante, precisa, abórdanse temas como os do libro e a lectura, viaxes, experiencias docentes, amor á vida e á natureza, cuestións internacionais e referentes que nos achegan da man do autor a personalidades como Avelina Valladares, Avelino Pousa, Paco Lareo, Valerón, Manoele de Felisa e outros.

    Un libro que nos achega todo o bo quefacer, a ampla bagaxe da escrita de Xosé Luna.

    A que estades agardando? Vide xa a polo voso exemplar!






  • Velaquí unha novela de recente publicación na editorial Plataforma, na súa colección adicada á ficción: "Naranjas de sangre", escrito por Verena Boos.

    Para Maite, unha xoven española, estudar en Múnich significa sobre todo unha oportunidade para escapar da súa familia conservadora. Valencia, a súa terra antal, exportadora de laranxas de gran calidade, parécelle cada vez máis estraña e lonxana. Maite namórase de Carlos, un xoven de familia alemano-española, e traba amizade co seu avó Antonio. O vello emigrante fálalle de acontecementos que ela descoñecía por completo e cala sobre outros. Ata que un día a xoven lle lanza a pregunta que desencadea o drama: como era posible que o seu propio pai se puxera un uniforme alemán?

    Un debut literario brillante e unha narración intensamente conmovedora sobre o pasado franquista e a súa influencia no presente.

    Ides quedar sen ela?






  • Traémosvos hoxe unha novidade singular; "Golpes de mar", escrito por Antón Castro e editado por Ediciones del Viento.

    O título do que falamos hoxe é un libro de contos e un libro de aventuras. Hai mariños, barcos, atmosferas, e mulleres que agardan, que se volven pedra ou que atravesan o claro do bosque, pantasmas que van e veñen coa chuvia e as mareas. Hai criaturas irredutibles que cren que os cabalos poden correr tanto coma o vento, namorados que o dan todo por un fado ou que xogan á amada nunha partida de xadrez. É un libro de fotógrafos, de pintores de poñentes e ondadas, de capitáns, de aparecidos, de baleas que encallan na prais, de cidades mergulladas e de illas á deriva, ou de nenos, un tanto alucinados, que mandan as súas cartas ao máis alá, no interior dunha botella, en forma de poema. Todos eles semellan estar fóra do tempo, nun territorio onde se contan e se escoitan histria ata o derradeiro naufraxio.

    Algúns dos contos que contén este volume viron por primeira vez a luz en lingua galega nun volume editado por Espiral Maior en 1997 co título de "Vida e morte das baeas". Máis tarde, en 2006, xa co de "Golpes de mar", Destino reuniu sete daqueles xunto con outros nove nunha edición que se esgotou rapidamente e nunca foi reimpresa. Agora, máis dunha década despois, Ediciones del Viento presenta a edición definitiva deste libro de culto á que o autor incorporou unha nova versión dun dos primeiros contos e catro novas historias que manteñen o asombroso imaxinario da Costa da Morte.







  • Velaquí a máis recente novidade da editorial Xerais na súa colección adicada á Narrativa: "Terradentro", de Xosé Benito Reza.

    Nunha vila galega do interior, próxima á fronteira, a vida fervía a mediados do século pasado. Era un mundo onde a luz a puñan os paisanos das aldeas que daban de comer aos vilegos e as sombras proviñan da memoria da guerra civil e dos fuxidos, daquela aínda ben presentes. Neste escenario desenvolve a súa vida o avogado da vila, considerado como un home perspicaz, que se verá enleado en tres misteriosos asuntos cuxa orixe pretenderá desvelar: a morte violenta dun vello fidalgo no seu casarío, un "home arisco illado do mundo no seu cotarelo"; a busca na penechaira espida da fronteira dos "tesouros que deixaron ocultos os mouros en lugares cheos de trampas"; e a inesperada aparición do alcalde pintada de verde.

    "Terradentro" é unha novela onde o narrador, apremado polo paso inexorable dos anos, decide recrear as paisaxes e a vida que xiraba arredor dunha desas vilas galegas en perigo de extinción, as que contaban con xulgado, notaría, rexistro, botica, médico, dentista, estafeta de correos, centraliña telefónica, cuartel, arcipreste, coche de liña, fondas e comercios de todo tipo para dar cobertura a un universo de centos de pequenos lugares que gravitaban ao seu redor nunha simbiose perfecta hoxe perdida. Unha novela de lectura engaiolante onde se mestura de xeito moi orixinal a intriga coa indagación nos fíos da memoria e da paisaxe.

    Ides quedar sen ela?





  • Velaquí unha das BD's que máis recentemente chegou á nosa libraría: "El arte de Charlie Chan Hock Chye. Una historia de Singapur", de Sonny Liew, editado por Amok Ediciones e Dibbuks.

    Neste cómic, Sonny Liew reuniu unha chea de xéneros para crear unha obra realmente inxeniosa e cautivadora na que, en ocasións, a liña entre a realidade e a ficción pode chegar a desdebuxarse. Sen embargo, a historia narrada é sempre fascinante e convídanos a facer unha viaxe incriblemente conmovedora, divertido e inquedante a través da vida dun artista e da historia dunha nación.

    Sonny Liew é un artista do mundo do cómic, pintor e ilustrador, autor de obras como "The Shadow Hero", con Gene Luen Yang, éxito de vendas de The New York Times, "Creo en Frankie", con Mike Carey, "Malinky Robot", e dunha nova saga de cómics de "Doctor Fate", con Paul Levitz, entre outros.

    "Un traballo ambicioso, estilísticamente brillante... Unha delicia para os ollos", The New York Times.

    "Brillantemente creativo... Charlie é doce pero tamén  profundo, orgulloso, pero con carácter de ferro; con unha maxistral economía do detalle -unha cella arqueada por aquí, unha cabeza inclinada por alí- o señor Liew esboza un personaxe moi ben caracterizado", The Economist.

    "Un libro para coleccionistas... Poder ser lido e desfrutado en múltiples ángulos... O coñecemento da verdadeira historia é case incidental comparado co pracer que aporta a biografía deste personaxe de ficción", Los Angeles Review of Books.

    "Provocadoramente divertido, fermoso ata a desesperación, chispeante na súa provocación, El arte de Charlie Chan Hock Chye respira vida e intimidade reflexando a historia poliédrica de Malasia e Singapur. Sonny Liew realizou unha verdadeira obra mestra", Tash Aw, autor de "The Armony Silk Factory and Five Star Billionaire".





  • Velaquí un título imprescindible no terreo da Filosofía: "Filosofía viva. La ecofilosofía como un árbol de la vida", escrito por Henryk Skolimowski e editado por Atalanta.

    A ecoloxía é unha cuestión política crucial da nosa época, declaran cada vez máis voces. Pero aínda que esta afirmación é certa e necesaria, quédase curta, dado que reduce o ecoloxismo a unha ideoloxía, e na actualidade precisamos algo máis que iso. Fainos falta asumila dende unha perspectiva que inclúa todos os aspectos da vida.

    A ecofilosofía pate do suposto de que a nosa cosmoloxía non só determina a nosa imaxe do universo físico, senón tamén o sentido das nosas accións. De aí que o restablecemento filosófico que se ten que levar a cabo no noso tempo non se deba limitar exclusivamente aos problemas medioambientais, porque vai máis alá de causas económicas e tecnolóxicas, e incluso morais. O núcleo da crise planetaria é unha consecuencia das limitacións da cosmoloxía mecanicista que nos rexe e do seu deficiente e restritivo modo de interpretar a natureza. Precisamos unha actitude reverente cara a natureza, como a que tiveron algunhas culturas do pasado, para comprender a realidade dun xeito máis integral. O ser humano é unha extensión da natureza. Por tanto, precisamos considerar os valores humanos como parte dun espectro máis amplo no que a natureza participe e co-defina a nosa relación coa vida.

    Este libro ofrece unha visión filosófica renovadora do mundo que abarca dende a cosmoloxía ata a conciencia, pois o pathos das sociedades modernas é, en definitiva, un problema de sentido.

    Se es apaixoad@ da Filosofía, non podes quedar sen el!








  • Traémosvos hoxe unha novidade de Sermos Galiza: "O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?", escrito por Alberte Blanco Caal (coord.), Ana I. García Arias, Bernardo Valdês Paços, Xosé Carballido Presas e Tereixa Paz Blanco.

    Os indicadores sociais, económicos e demográficos que hoxe temos na Galiza rural non son consecuencia dunha fatalidade histórica. A orixe da situación actual de desarticulación do tecido agrario galego tería a súa orixe en políticas e decisións tomadas, varias décadas atrás, para propiciar man de obra barata con que industrializar outros territorios de estado e de Europa, ou para explotar as nosas materias primas, enerxía e recursos naturais. O deseño forestal que está producindo unha presenza esmagadora do eucalipto nos nosos montes, mesmo co impulso da súa presenza en terras agrarias, os aproveitamentos hidroeléctricos dos vales máis relevantes, a industrialización de enclaves sen pechar os ciclos produtivos, son algúns exemplos que teñen moito que ver coa realidade actual do noso país. Neste libro falamos desta situación, das políticas e estratexias que fixeron do monte galego ese lugar, en gran medida caótico e subdesenvolvido, espello do abandono e atraso do medio rural galego. Ademais, facemos repaso das políticas executadas durante o gobernogalego bipartito (2005-2009) e atrevémonos a enunciar algunhas medidas cara o futuro (Alberte Blanco Casal).

    Un  libro indispensable!





  • Velaquí a máis recnte novidade da editorial veciña Fervenza: "Nº atómico 74!, escrito por Raquel Castro Martínez e ilustrado por Xosé Ceferino Castro.

    "Sete nenas tivo miña tataratataratataravoa, aló nos tempos en que non había ingleses, nin franceses, nin moito menos alemáns por estes lares e aquí só se comían castañas. Foi o oitavo un home, que naceu un 24 de decembro ás doce da noite e nada máis saír á vida matou a súa nai do susto cando, a malpocada, comprobou que acababa de parir un lobo. Dende aquela acompañounos o fado e así, xeración tras xeración, todos os varóns da familia Fontao somo homes lobo".

    Non perdas a oportunidade e faita co teu exemplar desta fantástica novela!






  • Velaquí a máis recente novidade da editorial Bellaterra na súa colección adicada á Filosofía Política: "Siete historias lógicas y un cuento breve. En torno a la obra lógica y epistemológica de Manuel Sacristán Luzón", de Salvador López Arnal.

    O libro que nos ocupa contén oito aproximacións á obra lóxica e epistemolóxica de Manuel Sacristán Luzón (1925-1985) cuxa introdución á lóxica e ao análise formal foi, tal como sinalou Luis Vega Reñón, un libro esencial nos anos sesenta do pasado século para a consolidación dos estudos de lóxica e de filosofía da lóxica no noso país.

    Inclúense nestas historias, lóxicas e político-culturais, as cartas cruzadas entre Sacristán e algún dos grandes filósofos e lingüistas do noso país como Víctor Sánchez de Zavala, Juan David García Bacca, Miguel Sánchez-Mazas e Josep Ferrater Mora.

    Inclúense tamén senllos capítulos sobra a correspondencia con Ludovico Geymonat e Salvador Espriu e unha aproximación ao papel da lóxica na tese de Sacristán sobra a gnoseoloxía de Martin Heidegger, así como a presentación dun texto inédito interrompido do tradutor de Quine sobre a teoría do coñecemento e unha aproximación ao ocorrido nas oposicións á cátedra de lóxica da Universidade de Valencia de 1962.

    Un título inprescindible para calquera persoa interesada na filosofía política!