• Un dente sen cadáver, de Miguel Anxo Fernández

    Traémosvos hoxe a más recente novidade da editorial Galaxia: "Un dente sen cadáver", que recolle un novo caso de detective Frank Soutelo escrito polo autor carballinés Miguel Anxo Fernández.

    Nunha imprevista viaxe a Galicia para recoller unha herdanza, o detective Frank Soutelo, coa axuda da investigadora Dalia Maxino, enfróntase indesperadamente a un enigma: a aparición dun dente humano sen dono e de orixe descoñecida. Ambos os asuntos - familiares e forenses- han acabar confluindo nun complexo caso no que a violencia de xénero, a explotación sexual, a man de obra inmigrante e os escuros intereses inmobiliarios se mesturan con personaxes sinistros, coas mans emporcadas de sangue. Novamente, coa axuda do sarxento da municipal Franeiras, o sempre indignado ex-garda civil Poncio e a forzada colaboración do estricado funerario Sugar Jones, Soutelo descubrirá tamén un doloroso pasado vinculado co seu pai.

    Miguel Anxo Fernández retorna ao detective máis singular do panorama literario galego.

    Non volo perdades!



    0 comentarios → Un dente sen cadáver, de Miguel Anxo Fernández

    Publicar un comentario