• El arrecife del escorpión, de Charles Williams

    Velaquí un título que xa mencionamos na entrada adicada ás editoriais Darkland e Medianoche: "El arrecife del escorpión", de Charles Williams, e cuxa información vos ampliamos agora.

    Ao aceptar o traballo inseguro e perigoso que lle ofreceu aquela loura impresionante de aspecto nórdico, Manning sabe que xoga a vida; e aos poucos días ten a seguridade de que os seus patróns, unha banda de gángsteres, están dispostos a matalo en canto deixe de serlles útil. E todo elo a cambio de converterse en propietario do balandro no que navegan polo Golfo de México e, talvez, do amor dunha muller.

    A grandeza desta novela semella non ter discusión. É unha novela sobria, cargada de vitalidade e profundamente orixinal. O seu trepidante ritmo narrativo, o seu sentido da aventura e da intriga, o insólito escenario mariño no que se desenvolve, a súa profunda historia de amor, o inesperado desenlace, todo contribúe a crear unha historia en que os personaxes, despoxados da súa personalidade literaria, alacanza a dar un estremecedor e fidedigno testemuño de violencia.

    Ten esa contundencia e esa pureza dos grandes mestres norteamericanos da novela negra.

    Non quededes sen el!



    0 comentarios → El arrecife del escorpión, de Charles Williams

    Publicar un comentario