• O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal

    Traémosvos hoxe unha das máis recentes publicacións da editorial Xerais: "O amor nos escuros días de Birkenau", de Alberto Canal.

    É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana?

    Pode alguén confiar na bondade dese sentimento nun lugar onde hai que pelexar cos seres máis queridos por respirar a última barbulla de osíxeno que fica nas cámaras de gas?

    Estas son algunhas das preguntas que asaltaron a Thomas Münch pouco tempois de coñecer a Irene Rosenthal na fábrica de munición dos campos de extermino de Auschwitz, a onde acudía regularmente a cortarlles o cabelo ás presas. O perruqueiro berlinés confiaba en que só ese sentimento podía levalo a esquecer a xenreira que sentía cara aos xudeos para implicarse nunha revolución que os afastase do inferno de Birkenau. Máis sempre pairaba sobre el a mesma dúbida: era realmente posible o amor en Birkenau?

    Unha fantástica novela que non podedes deixar de ler!

    Velaquí a páxina do autor na que se fala da novela.



    0 comentarios → O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal

    Publicar un comentario