• Novidade: Darkland/Medianoche Editorial



    Presentámosvos hoxe unha novidade na nosa libraría, ou dúas, segundo por onde se mire. Trátase das editoriais Darkland e Medianoche, que non son senón as dúas caras da mesma moeda, de aí que poidamos falar dunha soa novidade. Estes selos editoriais nacen en Torrelavega (Cantabria) e tratan de ofrecer ao lector diversas lecturas: algunhas novas e outras de hai anos e que se recuperan agora.

    Baixo o selo Darkland, temos os seguintes títulos: "El pirata negro", de Arnaldo Visconti, que recompila as novelas "La espada justiciera", "La bella corsaria", "Sucedió en Jamaica" e "Brazo de hierro", que o autor comezou a publicar no 1946; "El fantasma de Baker Street", do grande Curtis Garland, o (con permiso) máis importante autor de bolsilibros de España, que relata unha aventura moi holmesiana, e "Rancho Drácula", de Silver Kane, outro dos grandes escritores bolsilibrescos, un western con toques vampíricos.

    E a través de Medianoche publícanse: "El arrecife del escorpión", de Charles Williams, un clásico da novela negra de 1955 a reivindicar, e "Carter & West, de Ana Bolox, que reúne dúas aventuras dos personaxes protagonistas cuxos nomes dan título ao libro.

    Cinco títulos moi a ter en conta!





    0 comentarios → Novidade: Darkland/Medianoche Editorial

    Publicar un comentario