• Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva

    Velaquí unha das máis recentes novidades da editorial Galaxia: "Aqueles días en que eramos malas", de Inma López Silva.

    Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.

    Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte na confesión e testamento literario da autora.

    "Aqueles días en que eramos malas" é unha novela áxil e emocionante que transita entre a traxedia e a comedia. O cárcere como un mundo descoñecido, situado nas marxes da sociedade e da vida, no que existen vítimas, verdugos e, sobre todo, historias vitais fascinantes.

    A novela máis ambiciosa de Inma López Silva.

    Non quededes sen ela!



    0 comentarios → Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva

    Publicar un comentario