• Carter & Lovecraft, de Jonathan L. Howard

    Velaquí unha novidade de Colmena Ediciones: "Carter & Lovecraft", de Jonathan. L. Ward, un libro cuxos dereitos adquiriu Warner Bros. para a súa adaptación a serie de TV.

    Daniel Carter traballaba como detective de homicidios, pero o seu último caso (a caza dun asasino en serie) tivo un final tan estraño e desolador que decidiu abandonar o corpo de policía e establecerse pola súa conta como investigador privado. Sen embargo, o seu desexo dunha vida tranquila, alonxada do extraordinario e o inexplicable, semella con querer cumprirse.

    En primeiro lugar, herdará unha libraría en Providence de alguén do que xamais oira falar, e alí coñece a unha libreira exasperada que non quere soportar a un novo xefe. Ela é Emily Lovecraft, a última descendente coñecida de H.P. Lovecraft, o escritor que contou as historias dos Antigos e os Deuses Primixenios, criaturas e entidades máis alá da comprensión humana.

    Despois, varias persoas comezan a morrer de forma imposible, e aínda que Carter non quer involucrarse, comezou a sospeitar que alguén si quere que o faga. Cando Carter comeza a investigar obrigado polas circunstancias, descubre que o legado de H.P. Lovecraft vai máis alá da ficción, que os seus relato contiñan claves, mensaxes secretas e algo absolutamente inesperado e abominable: a verdade sobre este mundo.

    O legado dunha das mentes máis retortas e brillantes de todos os tempos adopta unha nova forma para o século XXI.





    0 comentarios → Carter & Lovecraft, de Jonathan L. Howard

    Publicar un comentario