• Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo

    Velaquí unha das máis novas publicacións da editorial Galaxia: "Todo canto fomos", de Xosé Monteagudo.

    Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles. Un escritor de novelas policiais, residente en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre os papeis do legado da súa nai. Unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido. Un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico. Un historiador que, arrastrado pola violencia dos acontecementos, lembra os momentos cruciais da súa vida. Estes son algúns dos personaxes que compoñen unha trama na que a normalidade é só a apariencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes.

    "Todo canto fomos" é unha novela que percorre máis de un século da historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue alentando no presente.

    Ides quedar sen ela?



    0 comentarios → Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo

    Publicar un comentario