• O anxo negro, de Manuel Gago

    Velaquí unha das últimas novidades da editorial Xerais: "O anxo negro", a primeira novela de Manuel Gago.

    A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada duna Santa Mariña da que son moi devotos.

    A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños da parroquia, levaraos a transitar pola trama dun sistema corrupto e a descubrir os incribles vínculos da talla cun dos instantes decisivos da historia de Europa.

    Unha novela trepidante coa que Manuel Gago se mergulla nas raíces profundas da cultura popular galega.

    A que estades agardando? Non perdades a oportunidade de facervos con esta extraordinaria novela dun autor que está chamado a converterse nun dos grandes da literatura galega.





    0 comentarios → O anxo negro, de Manuel Gago

    Publicar un comentario