• De camiños, viaxeiros e camiñantes, de Santiago Lamas e Alfonso Lobato

    Velaquí unha das máis recentes novidades da editorial Galaxia na súa colección adicada ao ensaio: "De camiños, viaxeiros e camiñantes", de Santiago Lamas e Alfonso Lobato, obra agasallada co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015.

    En xullo de 1927, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Ben-Cho-Shey camiñaron dende Ourense a Santo André de Teixido, no cabo do mundo. Na obra que nos ocupa, os autores desenvolven unha reflexión suxerente sobre o significado cultural das viaxes, sobre a relación entre camiño e literatura, movemento e lectura. Sobre os peregrinos, paseantes, guías de viaxe, turistas e vagabundos literarios, ademais das actuais e, nalgúns casos, perversas formas de camiñar. Desde a actualidade, o libro dialoga coa Galicia dos inicios do século XX mediante un estilo aberto e rico, seguindo o ronsel do ensaio e da digresión que descubriu e practicou con singular brillantez Michel de Montaigne.

    Un libro extraordinario que non debedes perder!



    0 comentarios → De camiños, viaxeiros e camiñantes, de Santiago Lamas e Alfonso Lobato

    Publicar un comentario