• Historia das historias de Galicia, de Isidro Dubert (ed.)

    Velaquí unha das últimas novidades da editorial Xerais, radicada dentro da súa colección Xerais Crónica. Tátase de "Historia das historias de Galicia", na que fai a labor de editor Isidro Dubert, e con textos de Manuel Gago, María del Carmen Saavedra Vázquez e o propio Dubert, entre outros.

    No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a "doma e castración da nobreza", a existencia dos Séculos Escuros,a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento do Mártires de Carral ou o suposto "atraso secular" de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas coxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos -e mesmo inéditos- do noso pasado colectivo.

    Non perdades esta magnífica obra que profundiza nas raíces da nosa historia e reivindica a nosa identidade.



    0 comentarios → Historia das historias de Galicia, de Isidro Dubert (ed.)

    Publicar un comentario