• La ciudad de los libros prohibidos, de Maribel Carvajal

    Velaquí unha máis que interesante novidade da editorial Kailas: trátase de "La ciudad de los libros prohibidos", de Maribel Carvajal.

    Ano 68 da nosa era: na próspera colonia hispana de Augusta Emerita, nunha das épocas máis tumultuosas do Imperio romano, unha profunda rede de corrupción, unha apaixonada relación amorosa que rompe con todos os convencionalismos e a busca duns libros polos que moitos están dispostos a matar poñerán a proba a fe e o valor dos seus habitantes.

    Cun estilo vibrante e suxestivo, a autora amósanos dende a vida doméstica das mulleres, as sanguentas competicións no circo ou os rituais relixiosos ata o bulicio dos mercados ou o traballo de extracción do mármore, a través duns personaxes inmersos nunha aventura que os fará reflexionar sobre o valor da amizade, a lealdade e o deber.

    Unha gran novela onde os personaxes femininos, variados e suxerentes, brillan con luz propia.

    "La ciudad de los libros prohibidos" somérxenos nunha lectura áxil e amena a través de tramas vertixinosas e dunha exquisita ambientación histórica. Un sorprendente debut literario que costa moito abandonar.

    Ides quedar sen el?



    0 comentarios → La ciudad de los libros prohibidos, de Maribel Carvajal

    Publicar un comentario