• Los escudos de Marte, de Gilles Chaillet e Christian Gine



    Velaquí unha novidade recén saída do prelo: "Los escudos de Marte", escrito por Gilles Chaillet, debuxado por Christian Gine e editado por Yermo Ediciones.

    Nos tempos da Roma lendaria, o Deus Marte enviou aos Fillos da Loba un extraordinario escudo de bronce que tiña o poder de advertilos da inminencia dun perigo. O rei Numa ordenou realizar once copias do escudo, para que ninguén soubese cal era o verdadeiro e impedir, así, que o roubaran. Oitocentos anos despois, cos doce escudos expostos ante o pobo, un deles cae aos pés do embaixador dos Partos, inimigos declarados dos romanos... O escudo de Marte falou. O pesadelo está a piques de desencadenarse.

    Coñecido sobre todo polas súas BD's históricas, Gilles Chaillet realizou con "Los escudos de Marte" unha das súas últimas obras, na que demostraba de novo o seu coñecemento da vida privada en Roma e o dominio da documentación histórica, cos que consegue cargar de forza épica as escenas de batallas debuxadas por un Christian Gine en estadod e gracia, que consegue recrear á perfección a ambientación do mundo romano.

    Ides quedar sen el?



    0 comentarios → Los escudos de Marte, de Gilles Chaillet e Christian Gine

    Publicar un comentario