• Las palabras muertas, de Juan Carlos Mato Amaya e Las olas llevan las respuestas, de Kesia Disaya

    Velaquí dúas novidades da editorial Ushuaia: "Las palabras muertas", de Juan Carlos Mato Amaya, e "Las olas llevan las respuestas", de Kesia Disaya.


    Nuria Egea, unha xove estudante, desaparece en estrañas circunstancias. As axentes da Garda Civil Laura Moix e Sandra García fanse cargo da investigación.

    Paralelamente, Alicia Ramírez, psicóloga do instituto onde Nuria cursa os seus estudos, vese na necesidade de axudar a un paciente seu, Daniel Pedraza. Debido a elo, chega ás súas mans un libro titulado "Las palabras muertas". A raíz da súa lectura, Alicia veráse mergullada no descubrimento dunha verdade difícil de asimilar e que afectará a todos de maneira tráxica.
    Jasón é un xoven cheo de dúbidas. no centro da illa onde habita hai unha misteriosa estatua, pero el descoñece o motivo polo que se atopa alí, e iso créalle unha grande incerteza. As súas preguntas sobre este tema son icesantes, pero ninguén quere darlle as respostas.

    Cal é o significado da estatua?

    Por que ningún habitante da illa quere falar delo?

    Que agochan todos?

    Todo isto poderálo pescudar segundo te vais adentrando nesta intrigante e interesante novela.






    Non quededes sen eles!





    0 comentarios → Las palabras muertas, de Juan Carlos Mato Amaya e Las olas llevan las respuestas, de Kesia Disaya

    Publicar un comentario