• Descender 1. Estrellas de hojalata, de Jeff Lemire e Dustin Nguyen

    Velaquí unha novidade recén saída do prelo: "Descender 1. Estrellas de hojalata", escrito por Jeff Lemire, ilustrado por Dustin Nguyen e editado por Astiberri.

    TIM-21, un xoven androide, esperta dun longo soño para descubrir que uns estraños robots alieníxenas atacaron á humanidade, ao tempo que se prohíbe  a mera existencia de todos os autómatas. TIM-21 pode ter a clave do que queren os invasores e o porque da súa chegada, o que o converte no robot máis buscado.

    Unha apaixonada e fonda odisea cósmica na que se enfrontan humanos contra máquinas e mundos contra outros mundos.

    "A nova ciencia ficción está aquí e chámase Descender... Unha historia espléndida e con carácter sobre un futuro no que un robot solitario busca un fogar nunha galaxia que o odia e o teme", Entertaiment Weekly.

    "Jeff Lemire ideou un novo universo emocional e imaxinativo, ao que dá vida espléndidamente o grande Dustin Nguyen. Estou impaciente por ver onde levarán a TIM-21", Brian K. Vaughan.

    Vas quedar sen el?



    0 comentarios → Descender 1. Estrellas de hojalata, de Jeff Lemire e Dustin Nguyen

    Publicar un comentario