• Velaquí unha novidade recén saída do prelo: "Los escudos de Marte", escrito por Gilles Chaillet, debuxado por Christian Gine e editado por Yermo Ediciones.

    Nos tempos da Roma lendaria, o Deus Marte enviou aos Fillos da Loba un extraordinario escudo de bronce que tiña o poder de advertilos da inminencia dun perigo. O rei Numa ordenou realizar once copias do escudo, para que ninguén soubese cal era o verdadeiro e impedir, así, que o roubaran. Oitocentos anos despois, cos doce escudos expostos ante o pobo, un deles cae aos pés do embaixador dos Partos, inimigos declarados dos romanos... O escudo de Marte falou. O pesadelo está a piques de desencadenarse.

    Coñecido sobre todo polas súas BD's históricas, Gilles Chaillet realizou con "Los escudos de Marte" unha das súas últimas obras, na que demostraba de novo o seu coñecemento da vida privada en Roma e o dominio da documentación histórica, cos que consegue cargar de forza épica as escenas de batallas debuxadas por un Christian Gine en estadod e gracia, que consegue recrear á perfección a ambientación do mundo romano.

    Ides quedar sen el?



  • Aquí vos deixamos as fotos da presentación de "Astropal, un cometa con corazón", que tivo lugar na nosa libraría o sábado pasado.

    Grazas ao autor José Julio Fernández Rodríguez, a Román Rodríguez e ao neno Breixo Pereira Gaiteiro por viren á nosa casa a facer esta presentación. E, por suposto, mil grazas a todos os asistentes!











































  • Velaquí unha novidade recén saída do prelo: "Descender 1. Estrellas de hojalata", escrito por Jeff Lemire, ilustrado por Dustin Nguyen e editado por Astiberri.

    TIM-21, un xoven androide, esperta dun longo soño para descubrir que uns estraños robots alieníxenas atacaron á humanidade, ao tempo que se prohíbe  a mera existencia de todos os autómatas. TIM-21 pode ter a clave do que queren os invasores e o porque da súa chegada, o que o converte no robot máis buscado.

    Unha apaixonada e fonda odisea cósmica na que se enfrontan humanos contra máquinas e mundos contra outros mundos.

    "A nova ciencia ficción está aquí e chámase Descender... Unha historia espléndida e con carácter sobre un futuro no que un robot solitario busca un fogar nunha galaxia que o odia e o teme", Entertaiment Weekly.

    "Jeff Lemire ideou un novo universo emocional e imaxinativo, ao que dá vida espléndidamente o grande Dustin Nguyen. Estou impaciente por ver onde levarán a TIM-21", Brian K. Vaughan.

    Vas quedar sen el?





  • O vindeiro sábado, os máis pequenos da casa teñen unha cita en Libraría Vagalume!

    Contaremos coa presenza do autor, José Julio Fernández Rodríguez, e do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Unversitaria, Román Rodríguez. Ámbolos dous estarán dirixidos polo neno Breixo Pereira Gaiteiro.

    Lembrade: este sábado ás 12 da mañá na nosa libraría!




  • Velaquí unha das máis recentes novidades da editorial Algaida: "El hombre que inventó Madrid", de Javier Puebla.

    Nobre e truhán, xeneroso e trampulleiro, José de Salamanca (1811-1883) é un dos grandes personaxes do século XIX español. Capaz de arruinarse e facerse inmensamente rico en varias ocasións, intuiu como ninguén o m undo que xurdía tras a revolución industrial: pioneiro do ferrocarril, inversos internacional e especulador en bolsa, tamén foi un político de longa -e variable- traxectoria e un mecenas das artes, que soubo ver esa grande urbe que Madrid aínda non era pero sería, porque xa estaba comezando a cobrar forma na súa imaxinación imparable, chegando a debuxar un barrio enteiro, que aínda leva o seu nome, ao seu exacto capricho e medida.

    "El hombre que inventó Madrid", de Javier Puebla, podería ser unha novela histórica, unha novela negra ou incluso unha novela picaresca, pero sobre todo é o apaixoante relato dun home e a súa época que nos sigue a sorprender pola súa inquedante contemporaneidade.

    A que estades agardando? Non perdades esta excelente e interesante novela!



  • Velaquí dúas novidades da editorial Ushuaia: "Las palabras muertas", de Juan Carlos Mato Amaya, e "Las olas llevan las respuestas", de Kesia Disaya.


    Nuria Egea, unha xove estudante, desaparece en estrañas circunstancias. As axentes da Garda Civil Laura Moix e Sandra García fanse cargo da investigación.

    Paralelamente, Alicia Ramírez, psicóloga do instituto onde Nuria cursa os seus estudos, vese na necesidade de axudar a un paciente seu, Daniel Pedraza. Debido a elo, chega ás súas mans un libro titulado "Las palabras muertas". A raíz da súa lectura, Alicia veráse mergullada no descubrimento dunha verdade difícil de asimilar e que afectará a todos de maneira tráxica.
    Jasón é un xoven cheo de dúbidas. no centro da illa onde habita hai unha misteriosa estatua, pero el descoñece o motivo polo que se atopa alí, e iso créalle unha grande incerteza. As súas preguntas sobre este tema son icesantes, pero ninguén quere darlle as respostas.

    Cal é o significado da estatua?

    Por que ningún habitante da illa quere falar delo?

    Que agochan todos?

    Todo isto poderálo pescudar segundo te vais adentrando nesta intrigante e interesante novela.






    Non quededes sen eles!