• Sumidero, de Alberto de la Rocha

    Velaquí unha máis que interesante novela publicada pola editorial Algaida: "Sumidero", de Alberto de la Rocha.

    Unha adolescente desaparece o último sábado de agosto nunha vila da Serra de Madrid, situada xunto a beira dun embalse. Esa mesma noite desátase unha forte tormenta que asolagará toda a zona. Despois dunha multitudinaria busca, o corpo da rapaza é atopado flotando nas augas. A autopsia revelará que o que semellaba un simple accidente, un afogamente fortuito, é en realidade unha morte violenta. Pero a tormenta fixo subir o nivel do embalse e borrou todas as posibles probas.

    Un mes despois, a investigación da Policía Xudicial está nun calexón sen saída: os culpables non foron atrapados e os medios de comunicación perderon o interese na rapaza morta do embalse. É entón cando na pequena vila se instala un discreto e misterioso home. Terá algo que ver coa investigación? Será o derradeiro cartucho da policía antes de darse por vencida?

    Ídela perder?



    0 comentarios → Sumidero, de Alberto de la Rocha

    Publicar un comentario