• Coñecedes a Cristian F. Caruncho?



    Probablemente non o coñezades, pero este rapaz da foto é Cristian F. Caruncho. Agora estarédesvos preguntando: quen demo é? Pois é un debuxante galego da comarca do Ortegal que está a tratar de facerse un oco no moito máis que difíficil mundo da ilustración e a BD. Atreveríamonos a dicir que non só é un debuxante, senón que podemos afirmar con rotundidade, á vista do seu traballo, que é UN DOS MELLORES ilustradores que deu a nosa terra.

    Este artista nado nunha aldea das montañas do Ortegal acumula xa no seu haber varios galardóns, máis ou menos modestos, pero premios a fin de contas:

    - Gañador do III Certame de Banda Deseñada do IES Perdouro e gañador do I Certame Benito Losada con "O home que liberou a fraga", 2011.
    - Gañador do II Certame Benito Losada, categoría xuvenil, con "O asubío das fouces",2013.
    - Gañador do III Certame Benito Losada, categoría xuvenil, con "Por un saco de patacas", 2014.
    - Gañador do III Certame Arcebispo Xelmírez con "O voo da vacaloura", 2015.

    Agora falta que chegue o seu momento e poida verse embarcado nalgún proxecto máis importante e que alguén aposte por el, porque o seu talento ben o merece. 

    Para máis información, non dubidededes en visitar o seu Facebook e a súa web Alecríns e tinta china.

    Agora, xa podedes dicir que coñecedes a Cristian F. Caruncho!




    0 comentarios → Coñecedes a Cristian F. Caruncho?

    Publicar un comentario