• Negra flor de loto, de Curtis Garland

    Velaquí unha destas curiosidades que vos traemos de vez en cando. Trátase da novela "Negra flor de loto", de Curtis Garland.

    O máis curioso desta novela é que se publica agora por primeira vez, da man de Lem Ryan e con permiso de Mercedes Gallardo, filla do autor (o seu nombre real era Juan Gallardo Muñoz, tamén coñecido como Donald Curtis e un feixe de pseudónimos máis), dado que este morreu antes de vela publicada.

    Akenatón, o Faraón Herexe, morreu e todo Exipto chora a súa perda. Pero algúns indicios que indican que se puido cometer un asasinato chegan ata Shemes Horeb, alto funcionario de Xustiza do Estado, que xunto ao seu fiel escriba Yahbek terá que investigalos a pesar da oposición de todos os poderes fácticos do país. A morte do faraón foi só o comezo, porque unha ameaza terrible percorre o curso do Nilo e espállase como unha maldición polo Imperio, sementando ao seu paso o caos e a destrucción.

    Non perdades esta marabillosa obra, culmen da obra de Curtis Garland, autor de máis de 2000 bolsilibros de variada temática (ver tamén "Monstruos en el Oeste").



    0 comentarios → Negra flor de loto, de Curtis Garland

    Publicar un comentario