• Nueva Era e Sherlock Holmes. Donde nadie ha llegado, de Lem Ryan

    Tal e como vos anunciabamos hai unhas semanas, aquí tedes un par de curiosidades autoeditadas. Neste caso traémosvos dúas novelas de Lem Ryan: "Nueva Era" e "Sherlock Holmes. Donde nadie ha llegado", continuación de "Sherlock Holmes. El hombre que no existía".


    "Nueva era". En 1940, Heimrich Himmler, comandante en xefe das SS, visitou a montaña de Montserrat. Buscaba, segundo numerosos rumores, o Santo Grial, que os nazis crían que formaba parte do tesouro cátaro e que podía estar adornado cunha xoia desprendida da coroa de Lucifer durante as guerras anxélicas. Soldados alemáns ás ordes do coronel Skozerny, o home que rescatou a Mussolini e que máis tarde tentou asasinar a Eisenhower, exploraron as numerosas covas ao longo de varios días, e un deles, Wolfgang Hölm, ao parecer o atopou, pero non reveleou o seu achado. Anos máis tarde sería o seu propio fillo, Alfred Steiner, o que se encargaría de extraer o prezado obxecto coa fin de desvelar os seus segredos. As semellanzas entre as diversas relixións aparecidas ao longo da historia en Oriente Próximo e as riquísimas mitoloxías nas que se apoiaron, os libros de maxia e ocultismo máis famosos de todos os tempos, e disciplinas como a alquimia e a astroloxía, son pezas clave dun misterio soterrado no tempo, que o arqueólogo logrou desentrañar.



    "Sherlock Holmes. Donde nadie ha llegado". Martin McFly xa non é o que foi noutro tempo: agora rexenta un salón recreativo nunha pequena vila californiana e a súa existencia voltouse anódina e gris. Pero iso cambiará o día en que un rapaz de escuro pasado e aínda máis incerto futuro, John Connor, decida roubarlle, xusto ao mesmo tempo en que outro sinsitro individuo chamado Corcoran lle ofrece algo que podería cambiar a súa vida para sempre: a oportunidade de viaxar ata onde ninguén chegou.

    Descobre que pode conseguir que se unan homes como Sherlock Holmes, John Silence, o Capitán Nemo, Flash Gordon, o Home Enmascarado, un arqueólogo apelidado Jones e un aventureiro só coñecido como Logan, entre outros. Sumérxete nos abismos oceánicos, percorre o máis profundo do espacio, viaxa ao centro da Terra... Todo na mesma novela. E averigua que fixo que se fusionasen os universos, e o que pasará despois; que é o que se agocha nunha cidade perdida entre os xeos polares e de onde veu; que criaturas nos observan dende máis alá do tempo e o espazo e o que pensan facer coa humanidade.





    Non quedes sen elas!




    0 comentarios → Nueva Era e Sherlock Holmes. Donde nadie ha llegado, de Lem Ryan

    Publicar un comentario