• Semente galega en América, de Xosé Neira Vilas

    Traémosvos hoxe o último libro ed Xosé Neira Vilas. Trátase de "Semente galega en América", a cargo de Bolanda Edicións.

    Xosé Neira Vilas compila as historias de cen "sementes" galegas en América; cen crónicas que revelan a pegada desta nosa terra no continente americano vistas a través dos ollos dunha testemuña excepcional, un escritor esencial na literatura galega, un galego residente en América durante máis de corenta anos e unha persoa que tamén deixou a súa semente no novo continente e que nos regala aquí un dos froitos desa intensa vida adicada á letras e a Galicia.

    Non perdas a oportunidade de facerte co teu exemplar deste fantástico libro!






    0 comentarios → Semente galega en América, de Xosé Neira Vilas

    Publicar un comentario