• O frío azul, de Ramón Caride

    Velaquí unha das máis recentes novidades de Urco Editora: "O frío azul", de Ramón Caride.

    Corre o ano 1517, nunha escura invernía, desafiando a nevarada, un viaxeiro chega ao mosteiro de Oseira, no corazón da serra. Carrexa consigo unha misteriosa bagaxe, a fonda tristeza do seu espírito mancado e, sobre todo, a ansia por coñecer a calquera prezo a razón da insólita desventura que agocha. Aos poucos, paseniño, a monotonía tépeda da pedra e a rutina dos ritmos monacais irán minando a súa afouteza.

    Os camiños impensados que se abrirán ante el, desde o val de Xátima ao Courel, de Toledo ao Orcellón, hano levar sen remisión cara a un final desacougante.

    "O frío azul" é unha intensa e premiada novela que emstura acertadamente o relato de viaxes, a narración histórica e a recreación folclórica, entre outros elementos, para tecer unha inesquecíbel trama de sorprendente actualidade.

    Esta nova edición galega inclúe unha abondosa documentación, que engade novas perspectivas á obra.



    0 comentarios → O frío azul, de Ramón Caride

    Publicar un comentario