• La galería del ruiseñor, de Paul Harding

    Velaquí "La galería del ruiseñor. Un misterio de Fray Athelstan", de Paul Harding, editado por Edhasa, unha novela de ficción histórica.

    En 1376 morre o Príncipe Negro dunha terrible enfermidade e, ao pouco tempo, séguelle o seu pai, Eduardo III, xa ancián e amargado. A coroa de Inglaterra queda, entón, en mans dun rapaz, o futuro Ricardo II, quen pronto se verá ameazado polos grandes nobres, encabezados polo duque de Lancaster, o seu rexente e tío.

    En medio da terrible loita polo poder, na que están implicados prelados da Igrexa e poderosos príncipes mercaderes de Londres, un destes aparece asasinado de forma horrenda. Sir John Cranston, forense da cidade de Londres, será o encargado do caso. Conta coa axuda, ademais, dun curioso monxe dominico, frai Athelstan, que traballa nos suburbios como penitencia... ata agora.

    Cos dous personaxes percorreremos o Londres medieval, impregnarémonos dos seus cheiros e cores, descubrimos os seus gremios e o modo de vivir das súas xentes e adentrámonos nas súas tabernas. onde a cervexa negra e o vino augado empapan os pasteis de anguías e carne.

    Non deixes pasar a oportunidade de facerte con esta fantástica novela de intriga medieval!




    0 comentarios → La galería del ruiseñor, de Paul Harding

    Publicar un comentario