• Moraime, pequena vila con mar, de X.H. Rivadulla Corcón

    Aquí tedes unha das últimas novidades de Edicións Positivas: "Moraime, pequena vila con mar", de X.H. Rivadulla Corcón.

    Moraime é unha pequena vila con mar onde os seus habitantes viven unha vida que pretenden tranquila para poder dedicarse ao que máis lles gusta: soñar. Os homes e mulleres da pequena vila son quen de converter o transcorrer cotián nun soño. Cando alguén de fóra chega a Moraime sente que entrou nun soño onírico. Pero alí a vida é moi real e o soño que inunda a realidade convértea en algo moi humano. Pode que a vida debera ser en calquera lugar do mundo sempre así: un soño.

    Os contos de Moraime naceron ao calor do programa da Radio Galega "Un día por diante". Foi unha colaboración diaria entre os anos 2008 e 2009. Neses días os habitantes de Moraime foron moi xenerosos permitindo que as súas historias fosen  reveladas ao mundo. Eles non tiñan ningún interese vaidoso en dar a coñecer as súas vidas, só lles movía amosar como soñando a vida é un pouquiño máis amable, máis solidaria, máis xenerosa, máis fermosa...



    0 comentarios → Moraime, pequena vila con mar, de X.H. Rivadulla Corcón

    Publicar un comentario