• Barthes filósofo, de Luís G. Soto

    Velaquí unha das novidades máis recentes da editorial Galaxia, neste caso un ensaio: "Barthes filósofo", de Luís G. Soto.

    Dentro da complexidade da súa obra, o propio Roland Barthes discerniu catro "fases": mitoloxía social, semioloxía, textualidade e moralidade. Neste libro, Luís G. Soto estuda ese mesmo percorrido seguindo, en orde cronolóxica, todos os seus títulos, cuxos contidos son expostos, analizados e interpretados. Cunha achega inicial á vida do autor e ao contexto da súa obra, no ensaio saliéntase que neses catro dominios (a crítica, a ciencia, a estética, a ética) Barthes non está instalado na verdade, senón que a busca: ao modo dos filósofos clásicos, non a posúe, senón que a quere. Como aqueles, máis que ser sabio (ter o saber), é amante da sabedoría (perséguea, preténdea): filosofa, é filósofo.

    O obxectivo de "Barthes filósofo" é recoller esa variedade, dar razón dela sen a sacrificar,colocándoa baixo o prisma da filosofía. É a mesma obra de roland Barthes a que dá pé para proceder así.

    Non perdas esta magnífica obra gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2014.



    0 comentarios → Barthes filósofo, de Luís G. Soto

    Publicar un comentario